30/10/11

Meira FC 2 - 2 Celta Barreiros

O Meira conseguiu un empate como local ante o Celta Barreiros. Os de Abel comezaron perdendo gracias a un gol de falta dos visitantes. Chegouse ao descanso con ese resultado, e cun meira que xa dispoñia de ocasións. No segundo tempo Rubén conseguiu o empate con un gran disparo pegado ao pao. Máis tarde o conxunto visitante volveuse a adiantar e de novo Rubén , esta vez de penalti, conseguindo asi o resultado final de 2-2. O Meira dispuxo de numerosas ocasións durante todo o partido pero que non foron capaces de materializar. Con este resultado colocámonos na 7º plaza á espera dos resultados de hoxe domingo. O martes volverase a xogar, no campo do Cospeito, ás 16:15 horas.

23/10/11

AD Matela 1 - 1 Meira FC

Alineación:
1-Victor
2-Sito
3-César
4-Julio
5-Dani
6-Hugo
7-Victor
8-Jorge
9-Marcos ( Fondoy )
10-Mariñeiro
11-Rubén
13-Eloy

O Meira segue sumando, esta vez un punto no campo do Matela nun partido no que os de Abel tiveron varias ocasións para adiantarse na primeira parte, pero non foron capaces de materializalas. asi pois foise ao descanso con 0 a 0 no marcador. Ao pouco de comezar a segunda metade o Matela adiantouse no marcador, pero o Meira non baixou os brazos e consegiu o empate gracias a unha contra ben executada por Fondoy, que lle cedeu o balón a Rubén para que batise ao porteiro local. Con este resultado rematou o partido, un punto nun campo complicado para seguir sumando e manterse alexados da zona de perigo.
Agradecemos o apoio da xente que se acercou ata o partido para animar.
Esperamosvos na Lomba o sábado que ven ante o Celta Barreiros.

22/10/11

Meira FC -Matela

O Meira visitará mañá ao Matela no seu feudo e intentará sumar 3 puntos que o coloquen nos postos altos da táboa, para continuar así a boa xeira de resultados. O equipo de Abel non contará con tódolos efectivos debido ás baixas de Rubén Rey, Fran e Nito. O partido disputarase no campo do Matela ás 16:30 h.

20/10/11


Futbollucense e unha web na que poderás atopar tódolos resultados dos equipos da provincia de Lugo teñen presenza na web, dende a 2ª B ata a Terceira Autonómica e tódalas categorías inferiores xunto con entrevistas,clasificacións,novas.....

www.futbollucense.com

Meira FC 4 - 2 Candelaria














O Meira consegue a súa terceira victoria consecutiva nesta tempada 2011/2012. O equipo meirego conseguiu os 3 puntos na 6ª xornada da 2ª rexional. Partido de claro dominio local que chegou ó descanso cun corto 1-0 obra dun fermoso gol de Rubén, merecendo máis que o rival e desperdiciando claras opcións de marcar máis goles. Tras o descanso a Candelaria fai o empate tras un disparo axustado á porteria defendida por Mario. Nunha acción aislada colócase co 1-2 e o Meira sufre o infortunio de ir perdendo nun partido que tiña dominado. Abel realiza cambios e Leivas no 65 materializa un libre directo que pon as táboas no marcador. O Meira seguía atacando e Víctor no 75 e Rubén de novo no 85 colocan o 4-2 final. Tras un comenzo de tempada complicado o Meira sitúase con 9 puntos no taboleiro empatando co Galdo e coa Candelaria e logra a súa terceira victoria. A próxima xornada enfrontase ó Matela o Domingo 23, esperando seguir sumando puntos e ascender na táboa. Forza Meira!