27/11/11

Meira F.C 3 - SD Guitiriz 0



O Meira FC consegue unha nova victoria na Lomba. O cadro de Abel Fernandez Otero faise cos 3 puntos contra un dos referentes da categoría nun partido moi bo dos locais. O primeiro tempo tivo algunha ocasión para adiantarse no marcador pero chegaríase o descanso con empate sen goles. Tras o descanso o Meira FC foi superior e dominou o encontro, así Rubén Fernández Rey abría a "lata" cunha boa xogada de Rubén. Máis tarde noutra chegada o balón queda morto ó borde da área e Fondoy Diego facía o 2-0. Nestes termos de dominio local unha xogada entre Rubén e Víctor López Hernández remataba co gol deste e conseguindo o 3º gol no marcador.

O Meira sitúase agora con 18 puntos, no 6º posto do taboleiro. A próxima xornada viaxamos para xogar contra o líder a Cervo e intentar conseguir algún punto.

Moitas grazas a todos polo voso ánimo.


FORZA MEIRA!!!

21/11/11

Sdr Sacido 1 - 1 Meira Fc

O Meira consegue un valioso empate fronte ao Sacido no encontro disputado este sábado en Viveiro. O conxunto que dirixe Abel fixo un bo partido en líneas xerais, gozando de ocasións para adiantarse no marcador, pero foi o Sacido o primeiro en adiantarse, na segunda metade, grazas a un penalti maxistralmente executado. No tramo final do partido o Meira conseguiu empatar mediante Víctor con un bo remate de cabeza tras un mal rexeite nunha falta. O Meira consegue asi un valioso punto que lle permite colocarse 8º con 15 puntos. O fin de semana que ven visitaranos o Guitiriz, un dos grandes da categoría. Esperamosvos na Lomba. Forza Meira !
Alineación: Mario,Jorge,Marcos,Dani,Julio,Hugo,Fondoy,Víctor,Miguel Pol,Rubén. Tamén xogaron César e Nito.

17/11/11

Meira FC 3 - 1 UD Folgueiro



O Meira logra unha nova victoria na Lomba. O partido foi bastante enrevesado, estando moi fora del o equipo local no primeiro tempo no que encaixou un gol. Tras o descanso os de Abel Fernandez Otero melloraron, presionaron ó Folgueiro na saída do balón e foron a polo partido. Vittin lograba o empate enviando ás mallas un córner botado por Rubén. O equipo seguiu presionando e Rubén conseguía o 2-1. Máis tarde e tras os cambios, unha gran xogada de Rubén era finalizada por Rey e facía o 3-1 final.
Destacar as dedicacións especiais dos tantos a Adolfo, a quen todos recordamos en cada encontro e quen seguro que nos axudou a remontar o partido.

Este partido sitúanos no 7º posto na zona tranquila da táboa, esperando seguir escalando posicións.

O próimo encontro será este Sábado 19 fronte ó Sacido ás 18:00 horas.

Forza Meira!

5/11/11



Hoxe o MEIRA FC sinte a morte de Adolfo, o seu máis fiel seguidor.
A persoa que nos seguiu aló a onde fomos, a persoa que animaba ó equipo dende que empezaba ata que acababa o partido ganase ou perdese, a persoa que sabía mellor ca todos nós todos os desprazamentos que nos tocaban. QUen nunca unha mala palabra lle deu a este equipo e a estes xogadores. Dende onde nos agardes esperamos poder conseguir moitos logros e poder adicarchos como tamén ti nos adicache todo o teu apoio, simpatía e corazón. Descansa en paz