27/11/12

SP Pontenova 3 - 1 Meira FC

Derbi disputado o pasado sábado no campo de A Mina, no que o equipo de Abel non puido facerse cos 3 puntos. Os meiregos mereceron algo máis, pero non conseguiron materializar as súas ocasións e foronse ao descanso con un 1 a 0. Na segunda parte, o equipo pontenovés consegue o 2 a 0 e máis tarde Javi, tras un lonxano disparo, acerca distancias no marcador que lle da ao Meira vida nos últimos instantes do partido. Este gol de nada serviría xa que a continuación o equipo Pontenovés materializaría un claro penalti e cerraría o marcador co 3 a 1 final.
Este domingo esperamosvos na Lomba ás 16:00 donde esperamos vencer ao Santaballés e volver á boa dinámica.

21/11/12

Meira 2 - 0 Luis Pimentel

Trala derrota sufrida no campo do Cospeito a pasada xornada, o conxunto meirego recibía ao Luis Pimentel. O partido non se presentaba doado para os de Abel, xa que marcharon ao descansocun 0-0 que deixaba o partido aberto para a segunda metade, na que Mariñeiro, no minuto 70, e no 80, cun auténtico golazo, decantaba o marcador a favor do Meira, e permitíalle así conseguir unha victoría importantísima que coloca de novo ao equipo de Abel nos postos de ascenso, con 21 puntos, soamente por debaixo do Muimenta, que segue imparable e conta con 26 puntos.
O vindeiro sábado ás 16:15 disputarase o o proximo partido ante o Sporting Pontenova, no campo da Mina.

13/11/12

Cospeito 3 - 1 Meira

O Meira visitou ao Cospeito o pasado sábado e tivo que volver para a casa sin o premio dos tres puntos. O partido comezou con bo pé, xa que ao pouco de comezar, Víctor, tras un saque de esquina botado por Mariñeiro, remata de cabeza e certifica o 0 a 1 a prol dos visitantes. O Cospeito non se veu abaixo en ningún momento e conseguiu o empate ao pouco tempo. A medida que avanzaba o encontro, o equipo local atopábase cada vez máis cómodo e conseguía lograr o segundo gol tras unha xogada pola banza esquerda con centro e posterior remate. Complicabase o marcador para os de Abel, e aínda non terminada a primeira metade, o Cospeito certifica o 3 a 1 definitivo grazas a un gol de penalti.
Na segunda parte as tornas cambiaron, o Meira apretou dende o inicio e levou as rendas pero non foi capaz de materializar as numerosas ocasións. Asi pois, rematou o encontro co resultado final de 3 a 1. Con esta derrota, o Meira sitúase 4º a só 2 puntos de Santaballés e Cospeito, e a 5 do líder Muimenta.
Esperamosvos este fin de semana na Lomba ante o Luis Pimentel.

Meira 4-1 AD Matela

Despois de perder por 4-1 en Valadouro, facendo un mal partido, o Meira volve a senda da victoria ante o Matela na Lomba. O partido comezou con bo pe para os locais, xa que aos 15 minutos o marcador reflexaba un claro 2 a 0 (Jorge e Rubén). Con este resultado chegariase ao descanso, e xa na segunda parte o Meira non baixou o ritmo e conseguía ao pouco tempo o 3-0 por obra de Ruben Rey. Mais tarde,
Eloy, cun trallazo por toda a escadra, bate ao meta rival e pon terra de por medio co 4-0. Seria Jorge, en propia meta, o que cerraria un marcador merecido para o Meira 4-1 .
Con esta victoria o conxunto de Abel volve aos postos de ascenso e segue a 2 puntos do Muimenta, actual lider da categoria.
Agradecemos o apoio da afición e recordamosvos que este sabado temos un encontro clave en C.d. Cospeito, que tan so esta a un punto do conxunto da Lomba.

25/10/12

Moita sorte Dani.


Victoria sufrida ante o Guitiriz por 3 goles a 1


Victoria este domingo fronte o Guitiriz na Lomba, un rival que nos puxo as cousas complicadas xa que na primeira metade dominaron e meteron un gol, chegando ó descanso con ventaxa no marcador. As cousas cambiaron na segunda metade xa que o equipo saiu a polo encontro e dominou a situación con varias ocasións ata que def
initivamente Dani abriría o marcador para poñer o empate. O segundo gol chegaría por mediación de Rubén con un bonito centro chut. Co 2-1 no marcador tocaba sufrir e non baixar a intensidade, ata que novamente Dani volvería a marcar casi ó final do encontro para poñer o definitivo 3-1. O Meira ocupa a segunda posición na clasificaión despois de empatar na anterior xornada en Riotorto, un bo resultado ante un rival directo na loita polo ascenso.

22/10/12

Regresamos, un pouco tarde, pero intentaremos ter actualizado o blog o máximo posible.

19/4/12

MEIRA FC 4- SD Cervo 2


Victoria do Meira na antepenúltima xornada de campionato. Os de Abel Fernández derrotan ó lider da categoría que se coloca agora no terceiro posto. Os locais dominaron o partido de comenzo a fin. Ía ser Fondoy quen abrira o marcador cun fermoso gol chegando o descanso co 1-0. Xa na segunda metade Rey ía aproveitar un erro do meta Simón e poñer o 2-0 no marcador. O Cervo foi a por todas e conseguiu o 2-1, pero a entrada no campo de Rubén ía ser máis que acertada. O dianteiro meirego marcaba o 3-1, xusto despois o Cervo conseguía o 3-2 nunha xugada dubidosa. O Cervo seguía na tónica de colocar cente arriba e intentar marcar co xogo aéreo pero o Meira defendeuse ben. Ademáis Rubén ía conseguir de novo o 4-2 para o Meira selando así os 3 puntos. O Meira segue no 5° posto á espera da seguinte xornada ver cales son as posibilidades en canto os postos de ascenso.

O próximo partido é o próximo Domingo 22 ás 17 horas fronte a SD Muimenta. Necesitamos de novo unha victoria!!

Grazas a todos polo voso apoio sempre e do Sábado pasado en particular.

FORZA MEIRA!!!

SD Guitiriz 1 - MEIRA FC 6

De novo o equipo que dirixe Abel Fernández consegue os 3 puntos lonxe da Lomba. O Meira necesitaba gañar para seguir na loita polo ascenso e asegurarse matemáticamente o 5° posto do campionato de 2ª rexional. E así foi. O Guitiriz comenzou dominando o encontro e o Meira, ben plantado no campo non concedeu moitas ocasións. Ía ser Mariñeiro quen abriría o marcador e deixar os visitantes por diante no primeiro tempo. Xa no segundo, nos primeiros 5 minutos Mariñeiro cunha baselina e Rubén Rey tras un tiro á mesma escadra, ían poñer o partido do lado meirego. Pero Mariñeiro aínda aumentou a súa conta goleadora en 3 ocasións máis, incluíndo un gol olímpico. Os de Abel loitaron durante os 90 minutos e fixeronse co partido empregandose tácticamente e realizando contras moi perigosas.

O próximo partido disputaráse contra o Cervo o día sábado 14 de abril ás 17 horas na LOMBA. Dende aquí pedímosvos a todos que VEÑADES ANIMARNOS e que poidamos conseguir unha victoria de novo vital para todos. Esperámosvos!!

FORZA MEIRA!!!!!!

6/3/12

Celta Barreiros 0 - MEIRA FC 1

Victoria do Meira en Barreiros pola mínima na 23ªxornada do grupo 7° da segunda autonómica. Partido moi complicado para os meiregos, xa que os dous equipos loitaban polos 3 puntos, os locais por tratar de saír dos postos de descenso e os visitantes pola loita polo ascenso. O Meira estaba obrigado a gañar para esperar un pinchazo dos seus acompañantes nos postos de cabeza, e así foi. O primeiro tempo estivo dominado polo Meira no que tivo 2 ocasións para poñerse por diante pero que non lograría materializar. Despois do descanso, Sito ía ser expulsado por unha segunda amarela dubidosa, quedando con 10 o equipo e tendo que loitar aínda moito tempo por diante, e xa que o empate de pouco valía. O gol da victoria ía chegar nunha gran xogada ó primeiro toque na que Rubén anotaría o seu 21° gol, a pase de Marino. Despois dun gran despregue físico, o Meira fíxose coa victoria. Os empates de Iberia e Santaballés acércannos un pouco máis e recortándolles así 2 puntos, estando agora a 1 punto de ambos e a 3 do Cervo(2° clasificado).
Na próxima xornada, recibiremos ó Cospeito o Domingo día 11 na LOMBA ás 16:30 horas, nun partido moi importante para as nosas aspiracións. Esperámosvos para que nos veñades apoiar e consigamos unha nova victoria no noso feudo.
Moitas grazas.... e, sempre:

FORZA MEIRA!!!!!

Meira FC 2 - 0 AD Matela

Nova victoria do Meira FC na Lomba. Chegando o descanso con 1-0 no minuto 44 conseguido por Rubén tras un penalti que sufriu Mariñeiro. No segundo tempo Gasalla remataba a gol unha falta ben sacada por Mariñeiro, empregandose o equipo máis en tarefas defensivas no tramo final pero creando ocasións á contra. Importantes 3 puntos os conseguidos polos de Abel, xa que os demáis equipos da zona alta non perderon nos seus enfrontamentos e era necesaria a victoria para poder seguir cas mesmas opcións. Cada vez queda menos e ninguén quere descolgarse de aí, e nós loitaremos ata o final e seguiremos creendo en nos para intentar aproveitar as posibilidades que se nos den. Por outro lado agradecer a todos os que apoiades a todo o plantel deste clube xornada tras xornada.Máis que nunca: FORZA MEIRA!!!

Candelaria 0 - MEIRA FC 3

O Meira consegue 3 novos puntos fora da casa. O partido foi dominado nos 90 minutos, xa que na primeira contra Rubén ía recibir unha entrada que sería sancionada con tarxeta vermella, quedando o equipo local con 10 xogadores. Ó descanso o marcador era de 0-0 pero o Meira estaba sendo superior con diversas ocasións, que no segundo tempo puido materializar; abría o marcador Rubén de penalti, máis tarde César marcaba o 0-2 nun córner e Javi nos minutos finales conseguía o 0-3. A victoria en Rúa danos esperanzas de novo e ponnos máis preto do líder,seguindo a 3 puntos do 2° posto.

http://www.futbollucense.com/index.php/resultados-clasificacions/2autseleciongrupo/2o-autonomica-6

Seguiremos loitando como nestes últimos compromisos para poder seguir con opcións ata o último momento.

Esperámosvos na LOMBA o próximo domingo ás 17horas para que nos animedes no enfrontamento MEIRA FC vs AD MATELA.

Necesitamos ganar.

FORZA MEIRA!!!

13/2/12

Meira FC 2 - 0 NR Galdo

Partido disputado o pasado sábado ante o NR Galdo, no estadio da Lomba. Os de Abel gozaron de varias ocasións para adiantarse no marcador, pero fóronse ao descanso con un 0-0 que de pouco lles servía a ambos equipos. Na segunda metade o Meira saiu enchufado, e nada máis comezar, Rubén anotou o seu gol número 18 no que vai de campaña, adiantando merecidamente a un Meira que buscaba e buscaba a porta rival. Empezaba a poñerse o partido de cara, e máis adiante, nun córner botado por Mariñeiro, que colga o balón ao segundo pao, e Hugo, libre de marca, cédelle o balon a Gasalla para que éste anote o seu segundo gol da tempada e finiquite o marcador. Con esta importante victoria, e grazas á derrota do Guitiriz, o conxunto que dirixe Abel ponse 5º por primeira vez, con 36 puntos, un máis cos guitiricenses,e ponse a 3 puntos do ascenso.
O próximo fin de semana viaxaremos a Candelaria para intentar conseguir unha victoria que certifique esta boa racha.
FORZA MEIRA!!

9/2/12

PARGA CD 1 - 2 MEIRA FC

O Meira consegue a décima victoria no que vai de tempada fronte ó Parga no campo Suso Cruz de Guitiriz.
O partido estivo moi nivelado no seu primeiro tempo ó que se chegou con empate a un gol. O Parga golpeaba primeiro cando máis estaba a chegar o Meira á meta rival. Rubén máis tarde lograba o empate tras aproveitar un balón á espalda da defensa e tras regatear ó porteiro Víctor.
No segundo tempo o Parga dominou máis o xogo e incluso tivo un penalti a favor que non aproveitou. O Meira estivo ben plantado e fixo un gran traballo defensivo, que xunto cun gran Mario logrou os 3 puntos.

Con esta victoria achegámonos un pouco máis en puntos ós equipos da cabeza e seguimos na loita polos postos superiores.

Esperámosvos o próximo Sábado na Lomba no partido contra o NR Galdo, e que veñades animarnos. Grazas a todos.

FORZA MEIRA

Resultados

Rioaveso 4 - 1 Meira

Meira FC 3 - 2 Sporting Pontenova

http://elprogreso.galiciae.com/nova/147346.html

MEIRA FC 2 - IBERIA CF 3

O Meira cae derrotado na Lomba na xornada 16ª tras un partido inxusto no que ó resultado se refire. Os locais ceden ante o Iberia tras unha boa racha de 6 partidos sen perder.
O partido tivo 45 minutos para cada equipo. O primeiro tempo foi atípico pois o Meira entrou algo mermado no campo e en dous erros defensivos cedeu un 0-2 ó descanso. Trala reanudación o Meira foi moi superior e non deu opcións ó rival. Abel dispuxo unha alineación moito máis ofensiva e foi a polo partido,chegando o primeiro gol 1-2 á saida dun córner que Gasalla materializa no centro da área cun tiro axustado, e máis tarde nunha gran xogada o 2-2 por Miguel Pol rematando un balón na liña de gol. Había boas vibracións pois o equipo despertou e con posibilidades de sacar o encontro adiante. Acto seguido O Iberia ía aproveitar un balón despexado para poñerse de novo por diante. A pesar de esto, os locais dominaron e chegaron en multitude de ocasións a portería rival e fallando ocasións claras de gol, pero o empate non chegaría pese a intentalo sen parar.

Golpe leve do que intentaremos repoñernos nas vindeiras xornadas xa que aínda quedan moitos puntos por disputar e seguimos cas mesmas oportunidades.
Grazas a todos por vir animar o equipo.

Sábado 21: Rioaveso M. - Meira FC

FORZA MEIRA!!!

9/1/12

Meira FC 3 - 2 CD Santaballés


Nova victoria do Meira Fc na 15ª xornada do grupo 7 da Segunda Autonómica. O partido foi complicado, como se preveu, pois pola Lomba pasou o mellor rival da categoría polo de agora. Os locais fixeron un primeiro tempo con gran intensidade e Rubén encarrilou a victoria co 1-0 no minuto 40 tras un tiro axustado. O mesmo Rubén repetiría no 44 tras un balón en longo de Julio que Fondoy deixa pasar enganando así os defensores. Íase ó descanso cun enganoso pero meritorio 2-0, pois sabíase da dificultade dos 45 minutos restantes. E así foi, o C D Santaballes Santaballa foi a por todas no segundo tempo, adiantou as liñas e dispuxo de menos xogadores en zonas defensivas. No minuto 50 conseguiu o 2-1 nunha xogada que Fondoy non puido evitar en propia porta. 10 minutos máis tarde volvía a golpear encima da mesa o Meira, de novo Rubén nunha gran xogada de Rey e Mariñeiro, facendo así o hat-trick. O santaballés non se rendiu e nos últimos minutos Cascu conseguía o 3-2 nun balón rexeitado nun córner. O Meira FC defendeu e replegou nos últimos minutos os ataques do Santaballés e puido lograr a oitava victoria no que vai de liga. Colócase agora con 27 puntos no 6º posto, a 1 punto do Guitiriz, a 2 do Cervo, a 3 do Iberia e Santaballés e a 6 do líder, o Rioaveso.
O próximo encontro é na Lomba fronte o Iberia, no primeiro partido da 2ª volta. Agardamos que veñades apoiarnos ó igual que nos últimos enfrontamentos para poder sacar adiante estes difíciles compromisos e poder avanzar no taboleiro o máis arriba que poidamos.
Grazas afección!.