9/1/12

Meira FC 3 - 2 CD Santaballés


Nova victoria do Meira Fc na 15ª xornada do grupo 7 da Segunda Autonómica. O partido foi complicado, como se preveu, pois pola Lomba pasou o mellor rival da categoría polo de agora. Os locais fixeron un primeiro tempo con gran intensidade e Rubén encarrilou a victoria co 1-0 no minuto 40 tras un tiro axustado. O mesmo Rubén repetiría no 44 tras un balón en longo de Julio que Fondoy deixa pasar enganando así os defensores. Íase ó descanso cun enganoso pero meritorio 2-0, pois sabíase da dificultade dos 45 minutos restantes. E así foi, o C D Santaballes Santaballa foi a por todas no segundo tempo, adiantou as liñas e dispuxo de menos xogadores en zonas defensivas. No minuto 50 conseguiu o 2-1 nunha xogada que Fondoy non puido evitar en propia porta. 10 minutos máis tarde volvía a golpear encima da mesa o Meira, de novo Rubén nunha gran xogada de Rey e Mariñeiro, facendo así o hat-trick. O santaballés non se rendiu e nos últimos minutos Cascu conseguía o 3-2 nun balón rexeitado nun córner. O Meira FC defendeu e replegou nos últimos minutos os ataques do Santaballés e puido lograr a oitava victoria no que vai de liga. Colócase agora con 27 puntos no 6º posto, a 1 punto do Guitiriz, a 2 do Cervo, a 3 do Iberia e Santaballés e a 6 do líder, o Rioaveso.
O próximo encontro é na Lomba fronte o Iberia, no primeiro partido da 2ª volta. Agardamos que veñades apoiarnos ó igual que nos últimos enfrontamentos para poder sacar adiante estes difíciles compromisos e poder avanzar no taboleiro o máis arriba que poidamos.
Grazas afección!.