13/2/12

Meira FC 2 - 0 NR Galdo

Partido disputado o pasado sábado ante o NR Galdo, no estadio da Lomba. Os de Abel gozaron de varias ocasións para adiantarse no marcador, pero fóronse ao descanso con un 0-0 que de pouco lles servía a ambos equipos. Na segunda metade o Meira saiu enchufado, e nada máis comezar, Rubén anotou o seu gol número 18 no que vai de campaña, adiantando merecidamente a un Meira que buscaba e buscaba a porta rival. Empezaba a poñerse o partido de cara, e máis adiante, nun córner botado por Mariñeiro, que colga o balón ao segundo pao, e Hugo, libre de marca, cédelle o balon a Gasalla para que éste anote o seu segundo gol da tempada e finiquite o marcador. Con esta importante victoria, e grazas á derrota do Guitiriz, o conxunto que dirixe Abel ponse 5º por primeira vez, con 36 puntos, un máis cos guitiricenses,e ponse a 3 puntos do ascenso.
O próximo fin de semana viaxaremos a Candelaria para intentar conseguir unha victoria que certifique esta boa racha.
FORZA MEIRA!!

9/2/12

PARGA CD 1 - 2 MEIRA FC

O Meira consegue a décima victoria no que vai de tempada fronte ó Parga no campo Suso Cruz de Guitiriz.
O partido estivo moi nivelado no seu primeiro tempo ó que se chegou con empate a un gol. O Parga golpeaba primeiro cando máis estaba a chegar o Meira á meta rival. Rubén máis tarde lograba o empate tras aproveitar un balón á espalda da defensa e tras regatear ó porteiro Víctor.
No segundo tempo o Parga dominou máis o xogo e incluso tivo un penalti a favor que non aproveitou. O Meira estivo ben plantado e fixo un gran traballo defensivo, que xunto cun gran Mario logrou os 3 puntos.

Con esta victoria achegámonos un pouco máis en puntos ós equipos da cabeza e seguimos na loita polos postos superiores.

Esperámosvos o próximo Sábado na Lomba no partido contra o NR Galdo, e que veñades animarnos. Grazas a todos.

FORZA MEIRA

Resultados

Rioaveso 4 - 1 Meira

Meira FC 3 - 2 Sporting Pontenova

http://elprogreso.galiciae.com/nova/147346.html

MEIRA FC 2 - IBERIA CF 3

O Meira cae derrotado na Lomba na xornada 16ª tras un partido inxusto no que ó resultado se refire. Os locais ceden ante o Iberia tras unha boa racha de 6 partidos sen perder.
O partido tivo 45 minutos para cada equipo. O primeiro tempo foi atípico pois o Meira entrou algo mermado no campo e en dous erros defensivos cedeu un 0-2 ó descanso. Trala reanudación o Meira foi moi superior e non deu opcións ó rival. Abel dispuxo unha alineación moito máis ofensiva e foi a polo partido,chegando o primeiro gol 1-2 á saida dun córner que Gasalla materializa no centro da área cun tiro axustado, e máis tarde nunha gran xogada o 2-2 por Miguel Pol rematando un balón na liña de gol. Había boas vibracións pois o equipo despertou e con posibilidades de sacar o encontro adiante. Acto seguido O Iberia ía aproveitar un balón despexado para poñerse de novo por diante. A pesar de esto, os locais dominaron e chegaron en multitude de ocasións a portería rival e fallando ocasións claras de gol, pero o empate non chegaría pese a intentalo sen parar.

Golpe leve do que intentaremos repoñernos nas vindeiras xornadas xa que aínda quedan moitos puntos por disputar e seguimos cas mesmas oportunidades.
Grazas a todos por vir animar o equipo.

Sábado 21: Rioaveso M. - Meira FC

FORZA MEIRA!!!