6/3/12

Celta Barreiros 0 - MEIRA FC 1

Victoria do Meira en Barreiros pola mínima na 23ªxornada do grupo 7° da segunda autonómica. Partido moi complicado para os meiregos, xa que os dous equipos loitaban polos 3 puntos, os locais por tratar de saír dos postos de descenso e os visitantes pola loita polo ascenso. O Meira estaba obrigado a gañar para esperar un pinchazo dos seus acompañantes nos postos de cabeza, e así foi. O primeiro tempo estivo dominado polo Meira no que tivo 2 ocasións para poñerse por diante pero que non lograría materializar. Despois do descanso, Sito ía ser expulsado por unha segunda amarela dubidosa, quedando con 10 o equipo e tendo que loitar aínda moito tempo por diante, e xa que o empate de pouco valía. O gol da victoria ía chegar nunha gran xogada ó primeiro toque na que Rubén anotaría o seu 21° gol, a pase de Marino. Despois dun gran despregue físico, o Meira fíxose coa victoria. Os empates de Iberia e Santaballés acércannos un pouco máis e recortándolles así 2 puntos, estando agora a 1 punto de ambos e a 3 do Cervo(2° clasificado).
Na próxima xornada, recibiremos ó Cospeito o Domingo día 11 na LOMBA ás 16:30 horas, nun partido moi importante para as nosas aspiracións. Esperámosvos para que nos veñades apoiar e consigamos unha nova victoria no noso feudo.
Moitas grazas.... e, sempre:

FORZA MEIRA!!!!!

Meira FC 2 - 0 AD Matela

Nova victoria do Meira FC na Lomba. Chegando o descanso con 1-0 no minuto 44 conseguido por Rubén tras un penalti que sufriu Mariñeiro. No segundo tempo Gasalla remataba a gol unha falta ben sacada por Mariñeiro, empregandose o equipo máis en tarefas defensivas no tramo final pero creando ocasións á contra. Importantes 3 puntos os conseguidos polos de Abel, xa que os demáis equipos da zona alta non perderon nos seus enfrontamentos e era necesaria a victoria para poder seguir cas mesmas opcións. Cada vez queda menos e ninguén quere descolgarse de aí, e nós loitaremos ata o final e seguiremos creendo en nos para intentar aproveitar as posibilidades que se nos den. Por outro lado agradecer a todos os que apoiades a todo o plantel deste clube xornada tras xornada.Máis que nunca: FORZA MEIRA!!!

Candelaria 0 - MEIRA FC 3

O Meira consegue 3 novos puntos fora da casa. O partido foi dominado nos 90 minutos, xa que na primeira contra Rubén ía recibir unha entrada que sería sancionada con tarxeta vermella, quedando o equipo local con 10 xogadores. Ó descanso o marcador era de 0-0 pero o Meira estaba sendo superior con diversas ocasións, que no segundo tempo puido materializar; abría o marcador Rubén de penalti, máis tarde César marcaba o 0-2 nun córner e Javi nos minutos finales conseguía o 0-3. A victoria en Rúa danos esperanzas de novo e ponnos máis preto do líder,seguindo a 3 puntos do 2° posto.

http://www.futbollucense.com/index.php/resultados-clasificacions/2autseleciongrupo/2o-autonomica-6

Seguiremos loitando como nestes últimos compromisos para poder seguir con opcións ata o último momento.

Esperámosvos na LOMBA o próximo domingo ás 17horas para que nos animedes no enfrontamento MEIRA FC vs AD MATELA.

Necesitamos ganar.

FORZA MEIRA!!!